PERSONALIZACIÓN

Ao longo destas sesións traballouse arredor da personalización da educación, a diversidade e a inclusión educativa, reflexionando sobre a importancia de adaptar o ensino ás necesidades e capacidades de cada alumno e alumna. Realizáronse diferentes dinámicas e actividades relacionadas coa titoría, como a creación de equipos de traballo, a identificación de talentos e a análise de cuestionarios sobre intelixencias múltiples, estilos de aprendizaxe e habilidades sociais. A partir da lectura A rebelión do talento e do visionado de The Butterfly Circus, tamén se promoveron debates e reflexións sobre a escola inclusiva, a diversidade como fonte de enriquecemento e o papel da orientación educativa. Ademais, elaboráronse propostas de actividades adaptadas ás Intelixencias Múltiples de Howard Gardner, relacionándoas coas Competencias Clave e cos principios do DUA.

Na miña opinión, estas prácticas resultaron moi interesantes e útiles porque permitiron comprender que cada persoa aprende dun xeito diferente e que a educación debe ofrecer oportunidades variadas para todo o alumnado. Gustoume especialmente o carácter práctico das actividades e a importancia dada á inclusión, ao traballo cooperativo e á reflexión sobre a realidade das aulas. Considero que foron propostas enriquecedoras, xa que combinaron teoría e práctica e achegaron recursos e ideas moi valiosas para o futuro labor docente.

Comentarios

Entradas populares de este blog

NORMATIVA

PRÁCTICAS VOLUNTARIAS